Pump Tracks

Un pump track asfaltado é unha instalación deportiva moi versátil xa que pode acoller a usuarios de todas as idades, desde nenos pequenos a adultos de calquera idade, e está orientada á práctica de calquera deporte sobre rodas sen motor.

Os usuarios desprázanse a través de ondulacións e curvas peraltadas únicamente mediante a inercia que xera a propia pista, non é necesario pedalear nin impulsarse.

Construír un pump track é un gran investimento para calquera concello ou institución xa que na mesma instalación terá: un parque infantil para nenos de todas as idades, unha instalación deportiva para ciclistas, pero tamén para calquera deporte urbano (skate, roller, scooter, bmx, etc…) e un atractivo turístico xa que atrae a usuarios doutras localidades, todo iso nunha instalación segura e que apenas ten mantemento.

pum tracks bicitectura
Mujer en pumtracks

Un pump track ben executado necesita un deseño específico, que respecte unhas medidas e proporcións moi concretas, ademais dun proceso de construción moi artesanal realizado por especialistas, sobre todo nas fases cruciais do perfilado en terra e o asfaltado, ambas fases realizadas de forma artesanal e manual.

En Bicitectura contamos cun equipo moi especializado e con gran experiencia no deseño, a construción e, algo moi importante, con anos de experiencia montando en pump tracks, polo que o resultado será unha instalación segura, fluída e que funcionará perfectamente tanto para un neno pequeno que se está iniciando como para un corredor profesional.

niño en pumptrack
panoramica pumptracks