Quen Somos
Pumptracks
Parques Ciclistas
Circuitos e Carreiros
Eventos
En Bicitectura estamos especializados na construción de instalacións para practicar ciclismo e outros deportes sobre rodas, pump tracks, parques ciclistas, carreiros, roteiros ou bike parks.
Como o facemos? Podemos asumir todas as fases do proxecto:
1. Asesoramento inicial, tendo moi en conta o punto de vista dos usuarios
2. Deseño e redacción de memorias ou proxectos técnicos
3. Construción, mediante maquinaria pesada e ferramenta manual
4. Organización de eventos
5. Promoción e comunicación
6. Mantemento
O ciclismo e os deportes urbanos están en auxe e contan cada vez con máis practicantes de todas as idades, o ciclo turismo é unha industria que move millóns en todo o mundo dunha forma sostible e respectuosa co medio ambiente.
Crear unha instalación ou un destino orientado ao ciclismo pode ser o investimento máis rendible, social e económicamente, para calquera institución pública ou privada.