O despoboamento é un problema grave para moitas contornas rurais tanto en Galicia como noutras partes de España, o ciclo turismo pode ser parte da solución, creando un atractivo turístico e dinamizando económicamente dunha forma sostible.
Un dos principais recursos destas contornas rurais é a súa natureza e unha rede de camiños tradicionais en desuso ou directamente perdidos polo paso do tempo.
En Bicitectura podemos localizar, recuperar e sinalizar eses camiños, ou deseñar e construír novos carreiros e circuítos específicos para bicicletas para convertelos nun destino ciclo turista de éxito, xa sexa un bike park ou unha rede de roteiros.
Seguindo un modelo utilizado en todo o mundo con grandes resultados podemos crear un destino atractivo para ciclistas, mesmo doutros países, que están a desexar novos destinos para visitar.